Limpieza na praia de Area Maior, en Malpica

Na mañá do sábado, a asociación Limpocean levou a cabo unha limpeza na praia de Area Maior de Malpica, contribuíndo á conservación do litoral e á protección do medio natural.

Dende o Concello de Malpica de Bergantiños agradeceron o seu compromiso e o traballo realizado, así como a implicación de todas as persoas voluntarias que participaron nesta iniciativa tan necesaria e que lograba retirar da costa máis de 70 quilos de plásticos e outros residuos.

‘Coidar do mar é responsabilidade de todas e todos’, indicaban desde o Concello de Malpica.

Related posts

Unha delegación de inspectores e profesores de Matemáticas da Bretaña Francesa visitaron o IES de Baio

Caión acollerá este mes de marzo a quinta edición do ciclo ‘Teatro con Salitre’

O BNG de Vimianzo solicita coñecer con detalle os gastos en FITUR