Lionel Messi e Aitana Bonmatí Balón de Ouro masculino e feminino 2023

Lionel Messi gaña o Balón de Ouro por oitava vez na súa carreira. O arxentino, que conseguiu coa Albiceleste o Mundial de 2022 en Catar, foi galardoado en París tras superar ao noruegués Erling Haaland e ao francés Kylian Mbappé. O futbolista do Inter de Miami convértese no primeiro gañador do premio creado en 1956 que non xoga en Europa. Messi, de 36 anos, alzouse co premio grazas á súa contribución á vitoria da Arxentina no Mundial de Catar e recibiu o premio de mans do inglés David Beckham, propietario do seu actual club.

Aitana Bonmatí, Balón de Ouro feminino
A española do Barcelona Aitana Bonmatí logrou o Balón de Ouro de 2023, polo que sucede no palmarés á súa compañeira e compatriota Alexia Putellas, que gañara as dúas edicións anteriores.

Bonmatí, de 25 anos, recibiu o galardón de mans do número un do mundo do tenis, o serbio Novak Djokovic, un premio conseguido grazas á súa vitoria no Mundial con España e ao triplete co Barcelona, incluída a liga de Campións.

Quinta na última edición, Aitana foi elixida mellor xogadora do pasado Mundial e marcou 21 goles e deu 23 pases nos 45 partidos disputados. Convértese na terceira persoa nada en España que gaña este premio, tras Luis Suárez e Putellas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha