Liz Truss promete ‘transfornar’ Reino Unido


Á súa volta de Balmoral, en Escocia, onde foi recibida pola xefa de Estado, a raíña Isabel II, a nova líder conservadora acudiu ao número 10 de Downing Street para realizar o seu primeiro discurso como primeira ministra do Reino Unido, no que prometeu relanzar ao país.

«Transformaremos Gran Bretaña nunha nación con aspiracións, con empregos ben pagos, rúas seguras e onde todos, en todas partes, teñan as oportunidades que se merecen. Hoxe comezarei con iso e levarei a cabo acciones cada día para facelo realidade. Unidos cos nosos aliados, defenderemos a liberdade e a democracia en todo o mundo, xa que non podemos ter seguridade en casa sen ter seguridade no exterior.»


Liz Truss presentou unha estratexia que combina unha baixada de impostos, unha redución do prezo do combustible e unha profunda reforma do sistema sanitario.