Llega 700 comunica que nos próximos días vai ter lugar a activación da rede móbil de nova xeración en Dumbría

1 minutes read

Llega700 é a entidade encargada de solucionar calquera afectación na TDT polas emisións da tecnoloxía móbil 4G e 5G nas bandas de 700 e 800 MHz.

Por elo, se detectades algún tipo de problema na visualización das canles da TDT, podedes poñérvos en contacto con Llega700 no correo electrónico ayuda@llega700.es ou no teléfono gratuito 900 833 999.

Os principais afectados poderían ser vivendas ou edificios próximos ás estacións de telefonía móbil que vexan as canles da TDT a través dunha antena. Doutra banda, tamén influirá a orientación da antena ou o tipo de instalación de recepción de televisión do que se dispoña. O despregamento de servizos móbiles non afectaría a todas aquelas persoas que reciban o sinal de televisión a través de cable/fibra óptica, satélite ou Internet.

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.