Localiza por GPS en Carballo o seu coche roubado en Italia


Un cidadán italiano seguiu o rastro do seu vehículo ata Carballo mediante unha aplicación de GPS situada no turismo. O coche en cuestión trátase dun Mercedes GLA 200, ao cal lle manipularan xa algúns elementos identificativos, pero o suposto propietario fíxolle un seguimento a través de internet e viaxou ata Carballo para tentar facerse cargo do turismo. Os corpos e forzas de seguridade tratan de darlle a total veracidade e esclarecer o ocorrido, nun suceso pouco habitual e cando menos curioso.