Localizada unha persoa falecida na ría do Burgo, Culleredo

1 minutes read

Pasados uns minutos do mediodía deste domingo, os axentes da Garda Civil solicitaban ao 112 Galicia a colaboración dos Bombeiros de Arteixo para o rescate dunha persoa falecida que localizaran na ría do Burgo, concretamente, na base dun dos piares da ponte.

Así, ademais dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros de Arteixo foron informados polo 112 Galicia os Servizos Sanitarios, a Policía Local, o persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Tras as oportunas investigacións levadas a cabo, A Garda Civil confirmou que se trataba dun veciño da zona do Temple desaparecido este sábado.