Pasadas as 11 da mañá deste venres varias persoas, entre elas dúas mulleres, perpetraron o furto de varios artigos expostos na farmacia situada na rúa Luís Calvo de Carballo. Os responsables do establecemento enseguida deron a voz de alarma do ocorrido, polo que coas descricións captadas polas cámaras de seguridade do establecemento, a Policía Local localizou a dúas mulleres de trazos e carazterísticas similares na céntrica Praza de Galicia, onde con apoio tamén da Garda Civil, procederon á súa identificación.