0
No laboratorio había toda a infraestrutura e materiais para producir grandes cantidades de cocaína. De feito no operativo atoparon un alixo duns cen quilos preparado para distribuír. A operación da Policía Nacional, coordinada desde a Audiencia Nacional, púxose en marcha tras detectar a chegada a Pontevedra de membros de diferentes redes criminais que presumiblemente viñan abastecerse. Hai 18 detidos, 11 en Galicia e o resto noutros lugares de España. Pero a particularidade deste laboratorio é que estaba controlado directamente por narcotraficantes suramericanos. É o segundo que lles descobren despois do desartellado en Madrid hai só seis meses. Entre os detidos hai cidadáns de Colombia e de México.