Localizado no río Lérez o corpo sen vida da muller que desaparecera en Pontevedra

Policía Nacional

Os servizos de emerxencia atoparon no río Lérez o cadáver da muller que levaba desaparecida desde o pasado mércores en Pontevedra.

Segundo fontes do 112 Galicia, o corpo foi atopado arredor das 14:30 horas deste pasado venres á altura do Monteporreiro.

No operativo de busca traballaron axentes da Policía Nacional e Local, que nestes intres tratan de esclarecer o sucedido.