Localizado o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Ribadeo

Axentes da Policía Local localizaron o corpo sen vida dunha muller desaparecida desde a mañá deste domingo no municipio lucense de Ribadeo. O 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición sobre as 12:30 horas. No operativo de procura participaron a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O cadáver foi localizado preto do faro da Illa Pancha. O helicóptero Pesca 2, mobilizado por Salvamento Marítimo, encargouse do rescate.

Fonte: Axega.

Related posts

Seis tripulantes rescatados tras afundir a súa embarcación pesqueira na entrada da ría de Muros e Noia

Un bombeiro resulta ferido durante a extinción dun incendio nunha casa de Boborás

Un home perdeu a vida logo de caerlle enriba unha árbore que estaba cortando en Valdoviño