41
- O cadáver foi localizado en fronte de Arbo ao redor das 12:30 horas
Este martes os servizos de emerxencia na marxe portuguesa do río Miño atoparon o cadáver dun rapaz que podería corresponder co mozo desaparecido a finais de marzo despois de caer ao río na localidade de Melgaço (Portugal). O cadáver foi localizado en fronte de Arbo ao redor das 12:30 horas.
A Axencia Galega de Emerxencias procedeu a desactivar o protocolo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das emerxencias entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal, despois de atopar o corpo.
Na búsqueda participaron a Garda Civil, o helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia e a Comandancia Naval de Tui.