O 112 Emerxencias Galicia pasoulle un aviso aos Bombeiros de Santa Comba ás 22:36 horas de este viernes, procedente dun alertante residente na céntrica rúa Alcalde Pereira, no que alertaba de que non sabía nada do seu veciño, que as fiestras da súa casa estaban sempre abertas e a luz sempre encendida. Tamén comunicaba o desprendemento dun forte cheiro no patio de luces. Unha vez no lugar, os Bombeiros procederon a empregar o AutoBrazo Articulado para acceder á vivenda xa que se trataba dun terceiro andar e a porta estaba pechada. Tras entrar ao interior equipados con equipos de respiración autónomos atoparon ó morador da vivenda falecido. As forzas de seguridade tratan de esclarecer o que lle puido pasar a esta persoa, será a autopsia a que determine máis luz sobre este asunto.
19