Unha muller de 52 anos foi achada morta este domingo na súa vivenda da parroquia de Sanguiñeda, no municipio de Mos, con feridas compatibles cun apuñalamento por arma branca. O crime, ocorrido ao redor das 13.30 horas, investígase como un presunto caso de violencia de xénero. A exparexa fuxiu no seu vehículo, está localizado e non se descarta a súa detención de forma «inmediata», segundo confirmou o subdelegado do Gobierno en Pontevedra, Abel Losada. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Local. A irmá da vítima, de nome María Belén, foi quen atopou o corpo no interior do domicilio e tamén viu como a parella da muller abandonaba a vivenda. Fontes próximas informan de que non había antecedentes no sistema de protección de vítimas VioXén. A parella separarase o pasado mes de decembro. Os veciños de Mos acudiron á concentración convocada para as sete da tarde deste domingo diante da Casa do Concello para Gardar un minuto de silencio en memoria de Belén, a veciña asasinada na súa casa. Ao remate do minuto de silencio, a alcaldesa de Mos, Nidia M. Arévalo, lamentou e condenou a morte da veciña de Amieirolongo, á que coñecía persoalmente, e dixo que este luns ás oito se vai celebrar un pleno extraordinario no e que van decretar tres días de loito e que posteriormente haberá cunha concentración institucional en memoria da finada.
6