Localizan a unha muller asasinada con feridas de arma branca en Mos

Unha muller de 52 anos foi achada morta este domingo na súa vivenda da parroquia de Sanguiñeda, no municipio de Mos, con feridas compatibles cun apuñalamento por arma branca. O crime, ocorrido ao redor das 13.30 horas, investígase como un presunto caso de violencia de xénero. A exparexa fuxiu no seu vehículo, está localizado e non se descarta a súa detención de forma «inmediata», segundo confirmou o subdelegado do Gobierno en Pontevedra, Abel Losada. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Local. A irmá da vítima, de nome María Belén, foi quen atopou o corpo no interior do domicilio e tamén viu como a parella da muller abandonaba a vivenda. Fontes próximas informan de que non había antecedentes no sistema de protección de vítimas VioXén.  A parella separarase o pasado mes de decembro. Os veciños de Mos acudiron á concentración convocada para as sete da tarde deste domingo diante da Casa do Concello para Gardar un minuto de silencio en memoria de Belén, a veciña asasinada na súa casa. Ao remate do minuto de silencio, a alcaldesa de Mos, Nidia M. Arévalo, lamentou e condenou a morte da veciña de Amieirolongo, á que coñecía persoalmente, e dixo que este luns ás oito se vai celebrar un pleno extraordinario no e que van decretar tres días de loito e que posteriormente haberá cunha concentración institucional en memoria da finada.

Related posts

Os galardóns Educa Abanca recoñeceron aos profesionais da educación de Zas Oscar Rey e Fina Paulos

Morre Fernando Esteso, símbolo do cinema español, aos 80 anos

Carlos Alcaraz gaña o Open de Australia | O tenista máis novo en lograr os catro grandes do Grand Slam