O 112 Galicia tivo constancia pasadas as 13:30 horas deste domingo, a través da Comandancia Naval do Miño, de que se localizara unha embarcación envorcada na desembocadura do río Miño, preto da Illa da Insua, que pertence a Portugal. A primeira hora da tarde activouse un operativo de busca na zona da desembocadura do Miño tras aparecer unha embarcación envorcada. As tarefas desenvolvéronse desde o primeiro momento en territorio portugués, pero posteriormente sóubose que se trataba do pesqueiro portugués Vila de Caminha. Localizaron a dous tripulantes, un portugués e outro indonesio. O operativo continúa buscando outros tres mariñeiros, todos eles de orixe indonesia. Desde a Axega trasladouse toda a información a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Bombeiros do Morrazo e Vigo e ao GES da Guarda. O helicóptero de rescate Pesca I, de Gardacostas de Galicia, tamén colabora na busca.