Localizan entre Carballo e Tordoia un vehículo roubado en Curtis

O turismo, un coñecido modelo da marca Seat, apareceu este luns á primeira hora da tarde no lugar de Viladabade, pertencente ao Concello de Tordoia e límite coa carballesa parroquia de Rus, onde antigamente había unha entulleira. O coche fora subtraído no municipio de Curtis. Investígase agora se puido ser utilizado en realizar algún tipo de acto delituoso ou se só se utilizou para o desprazamento de persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha