A Policía Nacional confirmou que o corpo atopado na mañá deste luns entre dous vagóns na estación de Santa Justa de Sevilla é o de Álvaro Prieto, o mozo cordobés de 18 anos que buscaban dende o pasado xoves cando desapareceu.
O achado saltou á luz por un equipo de televisión que informaba en directo do suceso. Preto da contorna da estación, onde se centraban os labores de busca.
O mozo perdera o tren no que ía regresar a Córdoba e quedou sen batería no móbil. Intentou subir a outro convoi, pero, ao non ter billete, impediullo a seguridade de Renfe. As cámaras gravárono saíndo da estación e aí comezaban horas de angustia para a familia, como relataba a súa nai.
A Policía Científica xa identificou o corpo, que foi levantado pola comisión xudicial cara as 15:30 horas e trasladado ao Instituto Anatómico Forense, onde está previsto que este martes se lle practique a autopsia.