Localizan o cadáver do veciño de Frades desaparecido a semana pasada en Fisterra

A Garda Civil informou este martes de que unha patrulla do Seprona, sobre as 18:00 horas do luns, foi avisada por uns percebeiros de que había un corpo flotando na auga.

Notificouse ao patrulleira Río Guadalope de Servizo Marítimo para recuperar o cadáver e trasladalo ao porto de Fisterra.

O corpo foi trasladado o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para o seu recoñecemento.

Antonio Carro, de 69 anos, desaparecera o martes 22 de abril. Nun primeiro momento buscárono na área de Frades, Ordes e Mesía, onde supostamente fora visto a tarde da desaparición, pero a investigación deu un xiro cando souberon que collera un taxi cara a Fisterra. Unha vez comprobado que non se hospedara nos aloxamentos da vila, a busca centouse na zona de costa, onde finalmente foi localizado.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social