Localizan o cadáver dun ciclista nunha pista forestal en Muros


Un ciclista apareceu morto nunha pista forestal do concello de Muros. O falecido era un home de corenta e un anos, natural de Muros, que saíra pasear polo monte en bicicleta arredor das nove e media da mañá deste sábado.

Pouco despois da unha da tarde, e como non aparecía para xantar, a familia avisou ás autoridades. Forzas da Garda Civil e dos servizos de Emerxencia locais atoparon o cadáver do home nunha pista forestal de Muros, na parroquia de Sestaio, a uns catro quilómetros da súa casa. Os investigadores descartan, en principio, a hipótese dun accidente.