Localizan o cadáver dun home aboiando nunha praia de Oleiros

Varios surfeiros localizaron este sábado o corpo sen vida dun home flotando no mar, na praia de Bastiagueiro, no concello coruñés de Oleiros. Os deportistas levaron o corpo da persoa ao areal, onde os servizos sanitarios confirmaron o seu falecemento. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través do aviso dunha persoa a título particular. De maneira inmediata, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo de Emerxencias de Oleiros. Ademais, informaron do achado a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha