19
O equipo acuático dos bombeiros de Ferrol lograron rescatar o cadáver da muller do mar á altura do Puntal de Neda, tras a chamada dun veciño.
No operativo tamén participou a Garda Civil, Protección Civil da Localidade, Salvamento Marítimo e persoal sanitario do 061.
Segundo informa o 112, non tiñan constancia de que se estivera a buscar unha persoa desaparecida na zona.