Localizan sen vida un veciño de Narón que desaparecera este luns

1 minutes read

Un veciño de Narón de 78 anos de idade foi localizado sen vida en augas da ría de Ferrol, nas proximidades do embarcadoiro da Gándara, na zona de Longras, o mesmo municipio onde desaparecera. A súa falta denunciárana este luns os seus familiares, que se decataron de que se ausentou do domicilio, situado a menos de dous quilómetros de onde foi localizado, avistado polo propietario dunha embarcación menor e rescatado da auga por unha lancha de Salvamento Marítimo. Unha vez en terra, unha comisión xudicial autorizou ou levantamento do corpo e os restos mortais foron trasladados nun furgón fúnebre ao Hospital Naval de Ferrol para que se lle practique a autopsia, que determinará as causas do seu falecemento.