Loita contra o lixo mariño grazas á implicación público-privada no proxecto Cleanatlantic


O proxecto CleanAtlantic está coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar, dependente da Consellería do Mar, e conta coa colaboración doutros actores como as confrarías de pescadores de Cambados e A Illa de Arousa, o colexio e o instituto da Illa de Arousa e outros organismos públicos. O proxecto europeo CleanAtlantic pretende mellorar as capacidades de prevención, seguimento e redución do lixo mariño e está enmarcado no Programa Transnacional Espazo Atlántico 2014-2020. Nos seus tres anos de vixencia (2017-2020) e cun orzamento de algo máis de 3,2 millóns de euros, os investigadores do proxecto analizaron distintos mecanismos de estudo, prevención, eliminación, formación e concienciación sobre o lixo mariño desde distintas perspectivas en territorio europeo.