Loito en Francia pola morte de 13 dos seus soldados en Mali nunha operación antiyihadista

0 minutes read

Os militares pertencían ao Exército de Terra e formaban parte da operación Barkhane, que loita contra os yihadistas. Eran seis oficiais, seis suboficiais e un cabo. Faleceron ao chocar dous helicópteros que apoiaban un ataque contra os terroristas. O sinistro produciuse en Liptako, na rexión maliana de Ménaka, fronteiriza con Níxer e Burkina Faso. Francia ten 4.500 soldados en Mali e, de momento, non pensa nunha retirada.