A familia do Club do Mar de Caión está de loito pola morte este martes de Ramón Morgade Freijeiro, coñecido como «Monchiño», (Caión, 1957). Monchiño foi o encargado do material do Club durante máis de 20 anos. A casualidade fixo que falecera 18 días despois da súa nai. Desde o Club emitiron un comunicado nas redes sociais onde afirman que «Moncho era unha excelente persoa muy apreciada no pobo, así como polos xogadores, socios e polas diferentes directivas, xa que traballou cos presidentes, Pepe Paulos, Valentín Felipez, Cholo Martínez, Lisardo López, Javier, Manolo Muiño e Tobi García». O finado está sendo velado no tanatorio do Grupo Bergantiños da Laracha e o funeral será este mércores ás 5 da tarde na Igrexia Parroquial de Caión e o enterro a continuación no cemiterio novo. «Desde aquí queremos mandarlle o noso mais sentido pésame a sua familia, así como o noso recoñecemento por todos os anos que lle dedicou de forma altruista ao seu equipo da «alma», o Club do Mar de Caión. D.E.P. Monchiño, sempre no noso recordo». (O falecido é irmán político do actual vicepresidente Yuli Collazo, e tío político do secretario Luis Morgade).
50