O doutor César Cobián estivo vinculado ao club entre 1991 e 2007, polo que formou parte do equipo que conquistou os seis títulos oficiais do Deportivo. Cobián comezou traballando de xeito conxunto co doutor Barbeito Couceiro ata que tras a xubilación deste, en 1994, asumiu a coordinación dos Servizos Médicos do R. C. Deportivo. Cobián abandonou o R. C. Deportivo no verán de 2007, cando xa levaba oito anos compartindo labores co doutor Barral, para mudarse á Comunidade Valenciana. Alí, tamén dirixiu os servizos médicos de C. D. Castellón, Hércules C. F., C. D. Alcoyano e Orihuela C. F. Hai pouco máis dun ano, o doutor Cobián deixaba o seu traballo no Hospital IMED de Elxe para regresar á súa cidade e iniciar un tratamento contra un cancro de pulmón que desgraciadamente non puido superar.
45