Loito oficial en Vigo por Isaura Abelairas

O alcalde decretou loito oficial, con bandeiras a media hasta e libro de firmas no Salón de Plenos, polo pasamento de Isaura Abelairas, mestra, deputada autonómica e concelleira durante dezasete anos. Caballero trasladou o seu pésame á familia e amigos e louvou o seu “gran corazón”, a súa vocación social e pola educación pública: “Adicou a súa vida á súa familia e á esta cidade”. Abel Caballero definiu a Abelairas como unha “gran muller, unha muller excepcional, gran viguesa” que “funcionaba desde o corazón” e “nos impulsaba ao social, á educación”. “Feminista convencida e loitadora infatigable”, Isaura Abelairas era unha “convencida da educación pública”, persoa de “gran corazón” que “adicou a súa vida á súa familia e á súa cidade”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha