Loquillo e Miguel Costas encabezan o cartel das festas do Rosario na Coruña

1 minutes read

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou a programación das festas do Rosario, a patroa da Coruña, que se celebrarán a vindeira semana, do venres 6 ao domingo 8 de outubro. Estivo acompañado pola vicepresidenta da asociación de veciños da Cidade Vella, Carolina Barros.

A gran actuación desta edición das festas do Rosario será a de Loquillo, que estará na praza de María Pita o sábado 7 ás 22.30 horas. Ademais, o rock galego tamén terá o seu protagonismo co concerto de Miguel Costas, fundador de Siniestro Total, que ofrecerá en Azcárraga un repertorio especial cos grandes éxitos da formación viguesa o sábado ás 20.45 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?