- Blanca Paloma, representante de España en Liverpool, terminou na 17ª posición, con 100 puntos.
A sueca volveu a conquistar Europa, e ao mundo enteiro, con “Tattoo”. Ademais de facer historia ao converterse na primeira muller en gañar dúas veces o certame europeo. Tan só Johnny Logan, representante de Irlanda en 1980 e en 1987, lograra esta fazaña, ata este sábado. Pero Loreen tamén conseguiu outro fito, lograr a sétima vitoria de Suecia no festival e empatar a vitorias con Irlanda. Aínda que en Eurovisión sempre hai algunha que outra sorpresa, a sueca cumpriu con todas as expectativas e prognósticos. Loreen gañou Eurovisión 2023 con 583 puntos (340 por parte do xurado e 243 por parte do televoto), sacándolle 163 puntos a Noa Kirel de Israel, segundo para o xurado.
Unha impresionante posta en escena, ambientada nun árido deserto, complementou a épica canción de Loreen. A sueca comezou a súa actuación atrapada entre dúas grandes pantallas que restrinxían os seus movementos, e obrigándoa a cantar tombada. A medida que avanzaba a canción, Loreen foi gañando terreo, escapando así das ataduras que a oprimían. A gañadora de Eurovisión 2023 terminou a súa actuación completamente de pé, liberada, fluíndo coa natuaraleza e o vento mentres que gritaba que o único que lle importa é o amor.