A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou as instalacións da firma D-Due, onde puxo hoxe en valor o esforzo que o tecido empresarial galego está facendo por diversificar mercados e comercializar os seus produtos e servizos noutros países.
Lorenzana apuntou que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización.
Ao respecto, informou de que, desde o pasado 23 de outubro e ata o vindeiro 23 de novembro, está aberta a convocatoria das dúas liñas de axuda neste sentido, que son o Galicia Exporta Empresas e o programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que suman máis de 3 M€, con axudas máximas que roldan os 95.000 euros e os 400.000 euros, respectivamente.
D-Due é una das 240 empresas que se teñen beneficiados destas ordes de axuda nos últimos anos, que lle serviron de apoio na súa estratexia de expansión internacional, especialmente, cara a países como Xapón, onde dispón de tenda propia.