A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo este mércores un encontro con asociacións e representantes veciñais de Cerceda para recoller as súas demandas e inquedanzas sobre o desenvolvemento enerxético e industrial do concello.
Lorenzana, que estivo acompañada polo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, puxo en valor a importancia da Lei de recursos naturais como garante de que os proxectos que se instalen en territorio galego van xerar beneficios sociais e económicos nas zonas onde se implanten.