Lores defende desde París o modelo de cidade de Pontevedra sobre mobilidade e cidades futuras

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participou este martes na gravación dunha produción audiovisual para Canal Arte no que tentou achegar ideas e respostas sobre os que rodean a mobilidade, o urbanismo e o futuro cas cidades, temas máis que acaídos na axenda mediática e política durante os últimos anos.

A gravación foi realizada en París, nos estudos de vídeo Magneto Serge, preto da beira do Sena. O rexedor puido expoñer algúns dos elementos máis importantes da transformación urbana acontecida en Pontevedra, tales como os referidos a redución da velocidade ou as limitacións de vehículos dentro da cidade, na procura dun protagonismo total para o peón e o aproveitamento do espazo público.

Neste espazo coincidiu con Carlos Moreno, ben coñecido dentro do eido da mobilidade sustentábel, as ‘smart cities’, mais tamén, de xeito popular, por concibir o termo da ‘cidade dos 15 minutos’. Fernández Lores aproveitou a ocasión para conversar co profesor antes e despois da gravación e compartir algúns dos avances realizados na cidade dos últimos tempos, cidade que coñece ben, e que sinalou como exemplo xa no ano 2018, intre no que puido visitala co galo dunha intervención no III Fórum Ries18. O ano pasado, Moreno tamén foi invitado a participar como profesor na Facultade Ágora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha