34
O Gordo da Lotería de Nadal espera xa no Teatro Real, premiado con catro millóns de euros a serie, é dicir, 400.000 euros o décimo. Houbo un tempo en que o Gordo da Lotería de Nadal chegaba para moito máis que «tapar buracos» ou cancelar hipotecas. Ter un décimo agraciado co primeiro premio en 1967, por exemplo, permitía ao seu dono comprar ata 12 pisos e 22 coches. O Gordo deste ano, que quedará en 328.000 euros por décimo tras pagar 72.000 euros a Facenda, apenas dá para comprar unha vivenda en moitas cidades de España. O primeiro premio ‘engordou’ ata os 400.000 euros en 2011, pero desde entón o IPC e os impostos fixeron que dea menos de si.