Lousame acolleu o autobús de Coidados Porta a Porta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitaron un dos autobuses da campaña Coidados Porta a Porta, que está percorrendo todos os concellos de Galicia -agás as sete cidades- para levar servizos especializados de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á porta da casa de máis de 100.000 galegos. Unha campaña posta en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude, e que máis de 20.000 persoas pasaron xa polas súas unidades móbiles. Durante a súa visita ao autobús instalado na praza Teodomiro Hidalgo de Lousame, Gonzalo Trenor e Teresa Villaverde estiveron acompañados pola xefa territorial de Política Social e Xuventude, María Blanco; así como pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; e o tenente de alcaldesa, Ramón Martínez. Para ser atendido en calquera dos autobuses de Coidados porta a porta, que continuarán percorrendo o territorio galego, cómpre solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha