Lousame colabora coa XIV Proba da XXI Liga Galega O Pe Monte Iroite

O Concello de Lousame colabora coa 14 Proba da XXI Liga Galega O Pe Monte Iroite, que terá lugar este sábado 22 de outubro organizada pola asociación deportiva e cultural Arnela. Unha colaboración que se traduce na cesión do uso da estación DECCA para a saída e a chegada do evento, así como dun compresor eléctrico para poder ter operativas estas instalacións durante a proba.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o tenente de alcaldesa, Ramón Martínez, entregáronlle o mediodía deste xoves as chaves da estación DECCA e o compresor a Manuel Antonio Piñeiro Pouso, presidente da asociación deportiva e cultural Arnela, a quen trasladaron os seus mellores desexos para o desenvolvemento da iniciativa. Esta proba de orientación a pé no Monte Iroite será a derradeira da temporada 2022 da Liga Galega de Orientación a Pé. Terá lugar na fermosa zona do Miradoiro da Balconada e a súa contorna, coa participación tanto de atletas federados como non federados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha