Lousame lanza a primeira edición do San Rockiño 2022


O campo de San Roque acollerá este domingo 14 de agosto unha cita moi ‘rockeira’: o San Rockiño 2022. O evento, contará cos grupos locais Boomërs e Residentes. A entrada será libre ata completar o aforo do recinto.

Desde o Departamento de Cultura aclaran que o obxectivo deste festival é que a veciñanza coñeza aos grupos de música do Concello de Lousame e arredores e gocen coas súas actuacións. “É unha honra tocar neste escenario e estamos moi agradecidos ao Concello de Lousame por contar con nós” comenta Ton Lorenzo, da banda noiesa R3sident3s.

Pola súa parte, Boomërs é unha banda incipiente lousamiá que está a dar os seus primeiros pasos nos escenarios. David, o guitarrista, di que está “moi agradecido de que o concello dedique parte da súa axenda cultural á música. Para min, especialmente, é un orgullo xa que nacín aquí mesmo e é a miña primeira vez tocando en Lousame”.