Louzán non declara e Piñeiro espera que o xuízo quede en nada

O expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Luisa Piñeiro, rexeitaron a existencia dun «sistema artificioso e en fraude de lei» para aboar á construtora Eiriña uns 86.000 euros por un suposto sobrecusto relativo a unhas obras executadas e non contratadas no campo de fútbol do Buelo, en Moraña.

O actual presidente da Federación Galega de Fútbol e a exalcaldesa de Moraña están acusados de fraude e prevaricación xunto a outro seis procesados que este venres foron citados a declarar por estas supostas irregularidades no xuízo que se celebrou no Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra. Ao entender que todas as preguntas que quería facer xa foran respondidas polo resto de acusados, o avogado de Rafael Louzán renunciou a interrogar o seu cliente, polo que este se acolleu ao seu dereito a non declarar. 

Pola súa banda Luisa Piñeiro, exalcaldesa de Moraña no momento dos feitos; Enrique Pais, dono da empresa Eiriña; o director técnico desta construtora, Jaime Alvariñas e o exdirector de Infraestruturas na Deputación, José Manuel Juanatey; e o arquitecto D.A.L.O.; só responderon as preguntas dos seus propios letrados, negando calquera irregularidade nas obras investigadas. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha