Luar Na Lubre publica Benvido, single no que colabora Miguel Ríos


Luar Na Lubre vén de publicar este venres Benvido e Mártiros e o Vákner, os dous primeiros singles do seu novo discoVieiras e vieiros. Historias de peregrinos. Trátase do 19º traballo do grupo, no que exploran as historias, pegadas, lendas e relatos das e dos protagonistas da ruta xacobea: os peregrinos. 

O single Benvido, que abre o novo disco de Luar Na Lubre, conta coa colaboración do cantante andaluz Miguel Ríos quen, por vez primeira, grava un tema en galego. Esta canción conta tamén co músico Nani García nos teclados. 

O segundo dos cortes que se publicaron nas plataformas dixitais é Mártiros e o Vákner, que narra a lenda do encontro, no século XV, nos montes de Dumbría do peregrino armenio Mártiros cunha besta maligna á que nomeu Vákner