Lucia Brión Tedín asume a presidencia de Protección Civil de Camariñas

1 minutes read

Desde o Concello de Camariñas emitiron un comunicado para darlle os parabéns a Lucía, xa que con 20 anos asume este cargo tan importante de xeito totalmente altruista. Por outra banda, o secretario será Manuel Brión e o tesoureiro, José Manuel Tedín. Cabe destacar o traballo e esforzo que levou a cabo esta Agrupación no pasado, relevantemente en tempos de pandemia Covid, realizando durante o 2020 un total de 157 intervencións das que o 44%, concretamente 69, estiveron relacionadas e motivadas pola emerxencia sanitaria. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, sempre destacou a importante labor que realizan continuamente os membros de Protección Civil na localidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?