Lufthansa perde 2.100 millóns de xaneiro a marzo

Lufthansa anuncia despedimentos e venda de activos para pagar un rescate estatal de nove mil millóns de euros. As medidas de rescate aseguran a solvencia da linea de bandeira alemá ata que poida xerar ingresos, pero para poder devolver créditos e pagar intereses, Lufthansa se reestructarará en plena caida da demanda de voos. O grupo de aerolíneas Lufthansa tivo no primeiro trimestre unha perda neta de 2.100 millóns de euros, seis veces máis que no mesmo período do ano pasado. Malos resultados debido ás restricións de viaxes pola pandemia da COVID-19. O grupo, que inclúe Swiss Airlines, Austrian Airlines e Brussels Airlines, prepárase para unha diminución tallante de beneficios este ano.
Lufthansa iniciou contactos cos sindicatos para tratar os despedimentos ou xubilacións.
Brussels Airlines prescindirá do 25 % do seu persoal. Reducirá a súa frota nun 30% .
Austrian Airlines reducirá nunha 20% masa salarial e frota. O número de pasaxeiros transportados polas aerolíneas do grupo Lufthansa caeu no primeiro trimestre un 26,1%. A carga transportada baixou un 15,5 %. As cifras de pasaxeiros de abril de Lufthansa caeu un 98% interanual.