44
- As medidas que limitarán o movemento das persoas impedirán celebrar a festa prevista para a fin de semana do 25 ao 28 de xuño.
Aínda que o goberno local resistíase a anular a celebración do Arde Lucus, a festa de Interese Turístico Nacional que evoca o pasado romano da cidade de Lugo, ao considerar que se trata dun importante «revulsivo económico» para o comercio e a hostalería local, este sábado comunicou ás asociacións e colectivos que participan na súa organización que a edición deste ano queda suspendida por mor da Covid-19. O goberno local convocou ás asociacións a unha reunión telemática, que terá lugar o vindeiro martes, para estudar con elas «alternativas» que contribúan «a manter vivo o espírito e a chama do Arde Lucus».