Lugo rematou un San Froilán para esquecer


Lugo celebrou este luns os últimos actos das festas do San Froilán, uns festexos que se viron moi condicionados pola pandemia e que non puideron desenvolverse coa normalidade que lles gustaría a veciños e visitantes. Todos e todas asistiron resignados a un San Froilán en que faltaron as características casetas do polbo, as barracas e atraccións, os fogos artificiais ou os grandes concertos. Unha situación que, aseguran, non foi agradable pero que ten que ser así para evitar males maiores. Dende o sector hostaleiro e o comercio califican de moi importantes as perdas derivadas de non poder celebrar a festa con normalidade. Agora só queda confiar en que a situación mellore de cara ás patronais do ano que vén e mesmo para o próximo Arde Lucus que terá lugar en xuño de 2021.