O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, corrixiu as declaracións do presidente da Xunta nas que atribuíu o colapso que está a padecer a sanidade galega a unha situación puntual. “Nada de puntual”, obxectou Álvarez antes de poñer as cousas “no seu punto xusto”: “O que ocorre en Galicia é un problema continuo e sistémico tanto en atención primaria, como en especializada ou hospitalaria”. O portavoz socialista advertiu que “cando a nosa comunidade é a única que desinviste en sanidade” non estamos ante “un problema para o PP ou para a Xunta”, senón “para o conxunto dos galegos e galegas”. Así, tras remarcar que “o primeiro paso para resolver un problema é recoñecelo”, Luis Álvarez lembrou que dende o PSdeG xa están a facer propostas para solucionar esta situación.
33