Luis Álvarez tilda de “espectáculo” a designación de Feijóo como senador

O responsable socialista resumiu que a súa presencia no Senado responde a “buscarlle encaixe para que Feijóo poida estar en Madrid de forma máis permanente. Non é pola defensa dos intereses dos galegos e das galegas, senón que responde aos intereses exclusivos do PP”, para “encaixar as pezas” e que tanto Feijóo como o seu número catro, Miguel Tellado, poidan “manexar a maquinaria do PP a nivel estatal”. Puntualizou que “é un método lexítimo, pero que desvirtúa os motivos polos que existen os senadores autonómicos”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha