Luis Bará palpou os problemas de Carballo que “a Xunta non atende”


O deputado do BNG no Parlamento de Galiza Luis Bará visitou este xoves Carballo, preocupado pola grave situación ambiental e social que está a crear a acumulación de áridos na canle da ría de Baldaio. Ademais de achegarse a zona, falar coa veciñanza afectada e comprometerse a presionar a nivel de Parlamento e de Xunta para procurar unha actuación urxente, Luis Bará tamén visitou, acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero, e outros membros do goberno municipal do BNG, o CEIP Fogar e a súa contorna, onde puido comprobar a necesidade da circunvalación, e ademais fixo un percorrido polo polígono industrial de Bértoa que lle permitiu constatar a urxencia dunha ampliación, dúas demandas polas que veñen pelexando dende o BNG de Carballo e que merecen moito máis que as minúsculas partidas previstas nos Orzamentos da Xunta polo PP.

Evencio Ferrero e Luis Bará. Fonte.- Facebook.- BNG Carballo.