Luís Bárcenas e o Partido Popular condenados pola Caixa B

A Audiencia Nacional considera probado que a reforma da sede do PP, na rúa Xénova de Madrid pagouse con diñeiro negro. Por iso, condena a dous anos de cárcere ao extesoureiro, Luís Bárcenas, por pagar á empresa Unifica máis dun millón de euros polas obras. Ese diñeiro non apareceu reflectido nin na facturación nin en contabilidade oficial e tampouco foi declarado a Facenda.

O PP condenado como responsable civil subsidiario

En canto ao Partido Popular, é condenado como responsable civil subsidiario dos 123.000 euros dos que se responsabiliza ao seu ex tesoureiro polo Imposto de Sociedades da empresa que fixo as obras. Tamén foron condenado o arquitecto de Unifica, Gonzalo Urquijo e a súa socia Belén García, a dous anos e nove meses de prisión, así como a unha multa de 2,6 millóns de euros por un delito contra a Facenda pública unido a un delito continuado de falsidade en documento mercantil.

A sala absolve a outros dous acusados. Esta sentenza da peza separada do caso Gürtel, coñecida como papeis de Bárcenas, considera que o extesorero manexou unha contabilidade paralela entre 1990 e 2008, pero non valida os apuntamentos contables que este fixo sobre esa contabilidade paralela, salvo aqueles que xa foron corroborados por outras probas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha