Luis César: «Chego ao Deportivo para ir a por todo»

O novo adestrador do R. C. Deportivo, Luis César Sampedro, afirmou este mércores que chega ao equipo, antepenúltimo na Liga, con ambición para sacalo de onde está e lograr o obxectivo de acabar entre os seis primeiros clasificados porque, na súa opinión, «hai tempo para facelo». Luis César comprometeuse ata final de tempada co Deportivo con opción a continuar en caso de ascenso e dixo que cumpre así «un soño». Recoñeceu que o Deportivo ten «un déficit importante de puntos», pero precisou que iso «non é indicador de nada», advertiu de que chega ao Deportivo «par ir por todo, para alcanzar a máxima posición posible» e considerou que «hai tempo para facelo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha