Luis César, novo adestrador do Lugo


Luis César é o novo adestrador do Club Deportivo Lugo. Asi o confirmou este martes o club que preside Tino Saqués. Tras a presentación este mércores no Anxo Carro. O técnico vilagarcián era o que máis soaba para substituir a Mehdi Nafti. Luis César xa adestrara o Lugo na temporada 16-17, logrando a mellor clasificación do equipo en segunda, un noveno posto. Non trasncenderon máis datos da súa incorporación, que en principio será ata fin de temporada. O luns ante o Fuenlabrada é o primeiro compormiso do novo adestrador.