Luís Enrique anuncia a morte da súa filla Xana de 9 anos

  • O emotivo comunicado emitido por Luís Enrique e asinado pola “familia Martínez Cullell”, é breve pero sobrecolledor.

“A nosa filla Xana faleceu esta tarde á idade de 9 anos, despois de loitar durante 5 intensos meses contra un osteosarcoma. “Damos as grazas por todas as mostras de agarimo recibidas durante estes meses e agradecemos a discreción e comprensión. “Tamén agradecer ao persoal dos hospitais Sant Joan de Déu e Sant Pau pola súa dedicación e trato, aos médicos, enfermeiras e a todos os voluntarios. Cunha mención especial ao equipo de curas paliativas de Sant Joan de Déu. “Botarémosche moito de menos pero lembrarémosche cada día das nosas vidas coa esperanza de que nun futuro volveremos atoparnos. Serás a estrela que guíe á nosa familia. Descansa Xanita.

O mundo do deporte empezou a reaccionar durante a noite deste xoves, como o Real Madrid ou o Atlético de Madrid, e enviaron innumerables mensaxes de apoio ao técnico e á súa família tras a morte da súa filla Xana.

Desde estas liñas, nhdiario.es desexa sumarse á dor de Luís Enrique e a súa familia.D.E. P.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha