37
Luís Enrique puxo unha soa condición a Luís Rubiales cando, na reunión do pasado 31 de outubro en Zaragoza se lle expuxo o regreso do asturiano ao banco da selección: que Robert Moreno non formase parte do seu equipo. Así o asegurou Juan Antonio Alcalá, xornalista da cadea Cope, quen asegurou que no devandito encontro na capital aragonesa Luís Enrique foi tallante neste extremo. Robert Moreno saía do estadio entre bagoas tras a vitoria ante Romanía, despediuse dos xogadores e xa non compareceu tras o partido, ante os xornalistas.